Ayuntamiento de A Coruña

10/18/2025 | Press release | Distributed by Public on 10/18/2025 07:59

Inés Rey reivindica a Ramón Maseda Reinante como “referente da loita pola dignidade”

Cando:

18 de outubro de 2025

Inés Rey reivindica a Ramón Maseda Reinante como "referente da loita pola dignidade"

A alcaldesa tamén lembrou a importancia de traballar na reparación da memoria democrática: "Facémolo desde o compromiso coa verdade, coa xustiza reparadora e coa non repetición da historia".

A alcaldesa presidiu a homenaxe organizada pola AVV Atochas-Monte Alto no Campo de Marte

Monte Alto acolleu este sábado no Campo de Marte un acto de homenaxe a Ramón Maseda Reinante, veciño coruñés, socialista e libre pensador, asasinado en 1936 pola represión fascista.

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu o acto organizado pola Asociación Veciñal Atochas-Monte Alto en colaboración co Concello da Coruña, no que se descubriu unha placa conmemorativa que lembra o compromiso de Maseda coa liberdade, a xustiza social e a dignidade humana.

No acto participaron tamén o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, e o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, quen destacaron a relevancia de manter viva a memoria democrática e de poñer en valor o legado das persoas que loitaron pola xustiza e a igualdade.

Rey destacou no seu discurso que Maseda foi "un home xusto, veciño exemplar e socialista comprometido co seu tempo" e destacouno como "referente la loita pola dignidade".

A alcaldesa tamén lembrou a importancia de traballar na reparación da memoria democrática: "Facémolo desde o compromiso coa verdade, coa xustiza reparadora e coa non repetición da historia".

Ramón Maseda Reinante foi presidente da Agrupación Socialista da Coruña, secretario da Liga Española dos Dereitos do Home e presidente da Sociedade Antorcha Galaica del Libre Pensamiento. A súa figura simboliza, en palabras de Inés Rey, "unha Coruña democrática e demócrata, unha cidade que non esquece e que quere seguir construíndo futuro desde a memoria".

Ayuntamiento de A Coruña published this content on October 18, 2025, and is solely responsible for the information contained herein. Distributed via Public Technologies (PUBT), unedited and unaltered, on October 18, 2025 at 13:59 UTC. If you believe the information included in the content is inaccurate or outdated and requires editing or removal, please contact us at [email protected]