06/06/2026 | Press release | Distributed by Public on 06/06/2026 03:55
6 de xuño de 2026
Terá lugar os días 9, 10, 16 e 17 de xuño entre as 17.00 e as 19.00 horas, e será necesaria inscrición previa
O Concello ofrecerá os días 9,10, 16 e 17 de xuño unha acción formativa gratuíta no Centro de Empresas Accede Papagaio sobre analítica dixital para a optimización de negocios. O curso será presencial en horario de 17.00 a 19.30 horas, a inscrición terá que ser completada nesta ligazón.
"O Centro de Empresas do Papagaio é un actor clave para abrir oportunidades laborais e formativas á cidadaníadun xeito accesible e aberto a todos e todas. Estes cursos forman parte das iniciativas impulsadas polo Gobierno de Inés Rey para dotar a este espazo dos medios necesarios para desenvolver os seus ciclos de actividades", subliñou o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego.
Os obxectivos da formación son:
Ao finalizar a formación, os participantes darían un paso real cara á dixitalización da súa toma de decisións, mellorando a súa competitividade en contornas cada vez máis orientadas ao dato.
Ao longo do curso, as persoas participantes traballarán de forma práctica na implementación dun sistema de medición completo, conectando ferramentas clave do ecosistema dixital para entender mellor que ocorre nunha web, como chegan os usuarios, que accións realizan e como utilizar esa información para analizar resultados, detectar oportunidades de mellora e apoiar a toma de decisións.
O programa divídese nos seguintes bloques temáticos:
Sesión 1 - Entender o ecosistema dixital:
Sesión 2 - Configuración do sistema de medición:
Sesión 3 - Análise e toma de decisións (con Google Analytics 4):
Sesión 4 - Cadro de mandos:
Os únicos requisitos indispensables son ter ordenador portátil propio e unha conta de Google activo, e se recomienda ter xa unha web propia, aunque non é imprescindible.