Ayuntamiento de A Coruña

10/04/2025 | Press release | Distributed by Public on 10/04/2025 03:08

O Concello colabora coa Federación de Asociacións Veciñais na organización de charlas formativas sobre prevención de incendios no fogar

Cando:

4 de outubro de 2025

O Concello colabora coa Federación de Asociacións Veciñais na organización de charlas formativas sobre prevención de incendios no fogar

Durante estas charlas, persoal municipal da área de Seguridade Cidadá trasladará recomendacións para a prevención de incendios nas vivendas e explicarán como actuar de maneira adecuada no caso de emerxencia.

Persoal municipal da área de Seguridade Cidadá achegarán recomendacións básicas para a prevención e actuación ante incendios

O Concello colabora coa Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana (FAVA) na posta en marcha dun ciclo de charlas formativas baixo o título "Prevención de incendios no fogar". O obxectivo é achegar á veciñanza consellos prácticos de seguridade e actuación en caso de incendio doméstico.

Durante estas charlas, persoal municipal da área de Seguridade Cidadá trasladará recomendacións para a prevención de incendios nas vivendas e explicarán como actuar de maneira adecuada no caso de emerxencia. Ademais, as presentacións incluirán vídeos explicativos e abrirase un espazo para que as persoas asistentes poidan resolver todas as súas dúbidas.

A alcaldesa, Inés Rey, subliñou a importancia desta iniciativa: "As institucións temos que estar preto da cidadanía non só para xestionar os grandes servizos, senón tamén para acompañar en cuestións tan sensibles como a seguridade no día a día. A prevención é a mellor ferramenta para evitar riscos e dar tranquilidade ás familias".

Así mesmo, lembrou que esta non é a primeira vez que se celebran encontros desta natureza, xa que "a petición das asociacións veciñais vimos colaborando en xornadas semellantes en materia de seguridade que teñen unha gran acollida e que demostran a utilidade de traballar da man do tecido asociativo para mellorar a vida da veciñanza".

Con esta nova edición, a FAVA e o Concello, a través da área de Seguridade Cidadá, reafirman o seu compromiso coa seguridade cidadá e coa creación de fogares máis seguros, promovendo a concienciación e a prevención como ferramentas fundamentais.

Calendario de encontros

As sesións celebraranse ás 18.30 horas nas seguintes datas e localizacións:

  • Xoves, 30 de outubro | Local da Federación, Centro Cívico do Birloque
  • Mércores, 19 de novembro | Centro Cívico Os Mallos
  • Venres, 12 de decembro | Centro Cívico de San Diego
Ayuntamiento de A Coruña published this content on October 04, 2025, and is solely responsible for the information contained herein. Distributed via Public Technologies (PUBT), unedited and unaltered, on October 04, 2025 at 09:08 UTC. If you believe the information included in the content is inaccurate or outdated and requires editing or removal, please contact us at [email protected]