XesGalicia Sociedad Gestora de Entidades de Inversion de Tipo Cerrado SAU

09/08/2026 | Press release | Distributed by Public on 09/08/2026 07:12

A Xunta presenta a nova Business Factory Energy, que impulsará a innovación empresarial en enerxía

martes, 8 Setembro, 2026 - 14:30
  • Nace co obxectivo de identificar e acelerar proxectos innovadores capaces de dar resposta aos desafíos do sector, e ser unha ponte segura entre o talento e a realidade esixente do mercado global
  • Esta iniciativa dota a Galicia do acelerador definitivo para converter os recursos naturais en intelixencia aplicada, respecto ambiental e riqueza duradeira
  • Ferrol, 8 de setembro de 2026
  • O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participaron hoxe no CIS Galicia, na presentación da nova Business Factory Energy (BF Energy), que permitirá impulsar a innovación empresarial en enerxía.
  • Segundo explicou o director, coa nova aceleradora especializada impulsada pola Xunta en colaboración con Asime e Cluergal, "queremos unir a experiencia da nosa industria tradicional coa axilidade mental e dixital das novas startups". Así, insistiu en que con esta nova Business Factory "buscamos impulsar centos de startups e proxectos innovadores no eido enerxético e consolidar un ecosistema empresarial cada vez máis competitivo".
  • Ademais, Fernández Vila destacou o papel estratéxico da transición enerxética como unha das grandes oportunidades de desenvolvemento industrial para Galicia. Nesta liña, sinalou que, a BF Energy nace co obxectivo de identificar e acelerar proxectos innovadores capaces de dar resposta aos desafíos do sector, favorecendo a colaboración entre startups, empresas tractoras, centros tecnolóxicos e o conxunto da cadea de valor da enerxía. "Nace, en definitiva, para ser a ponte segura entre o talento dos nosos emprendedores e emprendedoras e a realidade esixente do mercado global", subliñou.
  • A Business Factory Energy forma parte da nova xeración de aceleradoras especializadas impulsadas polo Goberno galego para apoiar o desenvolvemento de proxectos innovadores en sectores estratéxicos, favorecer a creación de novas empresas de base tecnolóxica e reforzar a competitividade do tecido industrial galego. "Con ela, dotamos a Galicia do acelerador definitivo para converter os nosos recursos naturais en intelixencia aplicada, respecto ambiental e riqueza duradeira", finalizou.


XesGalicia Sociedad Gestora de Entidades de Inversion de Tipo Cerrado SAU published this content on September 08, 2026, and is solely responsible for the information contained herein. Distributed via Public Technologies (PUBT), unedited and unaltered, on September 08, 2026 at 13:13 UTC. If you believe the information included in the content is inaccurate or outdated and requires editing or removal, please contact us at [email protected]