Ayuntamiento de A Coruña

01/30/2026 | Press release | Distributed by Public on 01/30/2026 07:52

O Concello súmase á “Cumbre pola Paz” organizada polo colexio Grande Obra de Atocha

Cando:

30 de xaneiro de 2026

O Concello súmase á "Cumbre pola Paz" organizada polo colexio Grande Obra de Atocha

A cita incluíu música, mensaxes e a lectura dun manifesto por parte do alumnado, nun ambiente participativo e emotivo que reafirma o papel da educación como motor de transformación social.

A alcaldesa e o concelleiro de Educación participaron nun acto simbólico que apelou ao compromiso coa convivencia e coa educación en valores desde a escola

O Concello da Coruña participou esta mañá na "Cumbre pola Paz" organizada polo colexio Grande Obra de Atocha, un acto educativo e simbólico no que máis de mil persoas, entre alumnado e profesorado, se reuniron para reivindicar o valor da paz, o respecto mutuo e a solidariedade como piares dunha sociedade mellor.

O evento, que tivo lugar no pavillón do centro, contou coa participación da alcaldesa, Inés Rey, e do concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego, que estiveron acompañados pola directora do colexio, María Teresa Iglesias, e o director de primaria, Ricardo Rey.

Durante a súa intervención, a rexedora destacou que "a paz non é só a ausencia de violencia, senón un camiño que se constrúe cada día con pequenos xestos de xustiza, empatía e coidado mutuo".

A cita incluíu música, mensaxes e a lectura dun manifesto por parte do alumnado, nun ambiente participativo e emotivo que reafirma o papel da educación como motor de transformación social.

Coa súa participación neste acto, o Goberno de Inés Rey renova o seu compromiso coa educación en valores, a convivencia e a promoción dunha cultura de paz desde a infancia.

Ayuntamiento de A Coruña published this content on January 30, 2026, and is solely responsible for the information contained herein. Distributed via Public Technologies (PUBT), unedited and unaltered, on January 30, 2026 at 13:52 UTC. If you believe the information included in the content is inaccurate or outdated and requires editing or removal, please contact us at [email protected]