Ayuntamiento de A Coruña

09/26/2025 | Press release | Distributed by Public on 09/26/2025 06:09

Inés Rey avoga por que “a ética e os dereitos das persoas” sustenten os avances da neurotecnoloxía, nas Xornadas sobre o Futuro do Cerebro Humano

Cando:

26 de setembro de 2025

Inés Rey avoga por que "a ética e os dereitos das persoas" sustenten os avances da neurotecnoloxía, nas Xornadas sobre o Futuro do Cerebro Humano

Esta mañá tivo lugar o acto inaugural das Xornadas Internacionais sobre o Futuro do Cerebro Humano

A Coruña acolle este venres o congreso, que se realiza na sede do ITG na cidade, coa participación de destacados profesionais nos eidos da neurociencia, o dereito e a medicina, entre outros

A alcaldesa, Inés Rey, participou esta mañá no acto de apertura das Xornadas Internacionais sobre o Futuro do Cerebro Humano, unha iniciativa organizada polo centro tecnolóxico ITG en colaboración con The Centre for Neurotechnology and Law e que reúne hoxe aos expertos en neurociencia e dereito para explorar os retos e oportunidades que marcarán el futuro do cerebro humano.

O congreso, que terán lugar ata esta tarde, achegarán ao público o traballo de reputados profesionais mundiais nos eidos do dereito, a ciencia, a medicina e a neurotecnoloxía, un aspecto no que a rexedora fixo fincapé, ao expor que "A Coruña, pola súa posición actual como punto de confluencia dos sectores TIC e da saúde, pode ser faro e referencia para debatir e valorar os avances da neurotecnoloxía".

"Contamos cun centro hospitalario de referencia como o CHUAC, polos tecnolóxicos á alza como a Cidade das TIC, unha universidade punteira como a UDC, entidades de referencia como o INIBIC e unha AESIA que está dando os seus primeiros pasos mais que xa é unha realidade. Hai vimbios e profesionais de recoñecida valía na Coruña que poden aportar moitísimo neste sentido", indicou Rey no acto inaugural, no que tamén participaron Antonio Couceiro (ITG). Ángel M. Judel (CCS Abogados) Xulio Ferreiro (decano da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña) e ao que tamén asistiu o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego.

Nas xornadas de hoxe tamén se abordarán cuestións destacadas como as normativas ou marcos reguladores asociados aos avances técnicos no eido da neurotecnoloxía. "Valorar e ponderar o seu impacto no cerebro e a actividade humana é fundamental. Por iso debemos poñer en contexto todo o que rodea a estes avances, tanto no referente a normativas como no desenvolvemento empresarial. Coido que hai unha intersección, un espazo onde teñen cabida todas as propostas e iniciativas nesta materia. E nesta intersección é imprescindible que, por diante de todo, imperen a ética e os dereitos das persoas", sinalou Rey, en referencia á necesidade de contar con regulamentos que preserven a privacidade e a dignidade das persoas.

Ayuntamiento de A Coruña published this content on September 26, 2025, and is solely responsible for the information contained herein. Distributed via Public Technologies (PUBT), unedited and unaltered, on September 26, 2025 at 12:09 UTC. If you believe the information included in the content is inaccurate or outdated and requires editing or removal, please contact us at [email protected]