Ayuntamiento de A Coruña

10/06/2025 | Press release | Distributed by Public on 10/06/2025 03:54

A Policía Local impón máis de 50 sancións a ciclistas e persoas condutoras de VMP por non cumprir coa normativa e circular de maneira indebida

Cando:

6 de outubro de 2025

A Policía Local impón máis de 50 sancións a ciclistas e persoas condutoras de VMP por non cumprir coa normativa e circular de maneira indebida

Durante os operativos, detectáronse diferentes condutas que supoñen un risco real para a seguridade viaria e que afectan directamente á convivencia no espazo público.

A última campaña específica de control centrouse na prevención de condutas que poñen en risco a seguridade viaria, como o uso de auriculares ou a circulación por zonas peonís, prácticas prohibidas pola normativa de tráfico

A Policía Local da Coruña pechou unha nova campaña específica de control sobre o uso de bicicletas e vehículos de mobilidade persoal (VMP), como os patinetes eléctricos, con máis de cincuenta sancións tramitadas ao longo das dúas últimas semanas.

Durante os operativos, detectáronse diferentes condutas que supoñen un risco real para a seguridade viaria e que afectan directamente á convivencia no espazo público. En concreto, tramitáronse 39 denuncias por uso de auriculares durante a condución, 12 por circular por zonas peonía ou beirarrúas, 2 por levar dúas persoas no mesmo VMP, 1 por uso do móbil, 1 por incrumprimento dun semáforo e 1 por conduta indebida na vía, prácticas todas elas prohibidas pola normativa vixente.

Estas campañas teñen como obxectivo previr situacións de perigo e reforzar o uso responsable dos espazos comúns da cidade, promovendo un modelo de mobilidade máis seguro e sostible.

Esta acción enmárcase no Plan Local de Seguridade Viaria, en desenvolvemento desde principios de ano, e forma parte da estratexia do Goberno municipal para consolidar unha cidade accesible, ordenada e amable para todos os modos de desprazamento.

A concelleira de Seguridade Cidadá, Montse Paz, valorou positivamente o desenvolvemento da campaña e destacou o compromiso institucional coa seguridade viaria: "O Goberno de Inés Rey está a construír unha nova cultura da mobilidade na Coruña, onde é fundamental garantir un uso responsable dos vehículos persoais e unha convivencia segura entre todos os modos de transporte", sinalou, e recordou que a Policía Local realiza controis durante todo o ano mais estes refórzanse puntualmente con campañas específicas.

Desde o Concello da Coruña faise un chamamento á responsabilidade individual e colectiva no uso dos VMP, lembrando que o cumprimento da normativa é esencial para garantir a seguridade de todas as persoas que comparten o espazo público, tanto dos propios usuarios destes vehículos como dos viandantes.

O Goberno de Inés Rey reafirma o seu compromiso cun modelo de mobilidade ordenado e seguro, e continuará impulsando accións de control e sensibilización para favorecer unha convivencia respectuosa e equilibrada entre os distintos modos de desprazamento.

Ayuntamiento de A Coruña published this content on October 06, 2025, and is solely responsible for the information contained herein. Distributed via Public Technologies (PUBT), unedited and unaltered, on October 06, 2025 at 09:54 UTC. If you believe the information included in the content is inaccurate or outdated and requires editing or removal, please contact us at [email protected]